Quedou claro no pleno que algo esconden, e por eso decidimos acudir á fiscalía, para que se clarifique todo.
Durante o debate da moción presentada polo noso grupo, quedou claro que o equipo de goeberno non quere explicar que é o que sucede realmente cos lodos “tirados” en Oirós.
Á batería de preguntas que realizamos, tan so respondían que os lodos eran inócuos e aptos para usar como fertilizantes. Pero en ningún momento se nos facilitou ningún dato.
¡Aproveitando o día nuboso procedeu a queimar residuos acumulados na escombreira situada nos terreos adquidos para o polígono agroforestal.
Xa denunciaramos o lamentable estado no que se atopaba esta escombreira, e agora dan un paso mais e en lugar de clasificar os residuos para o seu tratamento, escollen a opción mais fácil e plántanlle lume.
Non entendemos como Souto segue a defender os intereses da empresa antes que os dos veciños.
Nos non diferenciamos si as pistas son para maquinaria, para vehículos lixeiros ou vehículos pesados, o caso é que as pistas antes de comezar as obras do AVE estaban perfectas, e agora que remataron estas obras vemos no lamentable estado no que quedaron.
A falta de ideas xa lle empeza a pasar factura ó noso Acalde.
Sabemos perfectamente como se ten que formar a mesa local do comercio, da misma forma que sabemos que en Vila de Cruces se podía crear unha asociación de consumidores propia que podría aportar moito para a mesa local de comercio.
Mentres que no resto das parroquias as chaves dos locais foron cedidas ás asociacións e colectivos, na parroquia de Oirós están en poder en exclusiva do pedáneo
Parécenos moi ben que se fagan locais sociais nas parroquias, pero pareceríanos mellor si estes locais estiveran a plena disposición dos veciños.